viernes, 11 de junio de 2010

A ROSALÍA

Nesta preciosa casa
na que viviu e morreu
a poetisa Rosalía,
hai unha tenrura encantada
que respira-lo cariño
e agarima-lo corazón
da xente que chega
a este pobo de Padrón,
a respira-lo sentimento
e senti-la morriña
da nosa amada Rosalía.

Ó ler a súa poesía,
a alma síntese ditosa
e un pracer espiritual,
agarima-la intimidá
que Rosalia a todos nos dá,
para encher o corazón,
desa fe e o fervor
que xurde do pracer,
para acada-la felicidá
que hai neste lugar.

¡Qué doado se fai
recitar na súa casa...!
Versos cheos de amor
saen da alma miña,
para alabar a esa poetisa,
que é a honra de España
e da nosa querida Galicia.
Pero, moito máis o é,
por amosarnos o pracer
de poder conxuntar,
esas dúas lingoas irmáns
que resoan no corazón...,
con diferente acento,
pero, con unha soa ilusión.

Un apertado abrazo
do voso amigo:
Anselmo Prada León.

No hay comentarios:

Publicar un comentario