lunes, 12 de agosto de 2013

SE UN DÍA ME PERDO

 
Se un día me perdo
polos camiños do mar,
na Praia Arealonga
ídeme a buscar.
 
Preguntarlle á area
se me veu ela pasar,
a coller coa pa o cebo
para ir a pescar.
 
Pero se a área da praia
non vos quere responder,
quizáis as gaivotas
o queiran elas facer.
 
Vos dirán que foi a pescar
a bordo da súa chalana,
que era azul e branca
e chamábase Ponferrada.
 
De tanto ir e vir ó mar
está feito un mariñeiro,
que non para de pescar
para gaña-lo diñeiro.
 
O voso amigo Anselmo.