sábado, 12 de junio de 2010

ROSALÍA ESTÁ DURMIDA

Rosalía está durmida
nesa cama tan feitiña
de casa da Matanza,
onde soña coa esperanza
de chegar algún día,
a acada-lo eterno ceo
onde Deus acollerá
aquelo que ela leva
dentro do pensamento.

Tí fuches Rosalía
a trovadora dos sonos,que,
con vontade encantadora
camiñabas pola vida,
ofrecendo tódala ilusión
de pregoar por Galicia,
tódalas poesías que saian
da túa alma durmida.

Nese silencioso escritorio
que está ó pe da cama,
é onde tí tanto escribiches,
para trasmitir os desexos
que levavas no pensamento;
e, agora me serve a mín
para poder escribir,
tódolo fervor que sinto
pola túa ditosa vida.
E ó palpa-lo teu recordo,
dende a gloria me chegan
os teus doidos poemas,
con tódalas cousas belas
que atopo nesta casa
onde tí estás presente
acostada nesa cama.

Un apertado abrazo
do voso amigo
Anselmo Prada León

No hay comentarios:

Publicar un comentario