sábado, 24 de noviembre de 2012

PALACIO DE CANEDO


PALACIO DE CANEDO

Es el Palacio de Canedo
un emporio soberano,
donde se apagan con el vino
los sufrimientos humanos
que afligen nuestra alma.

Gracias al amigo Prada
con su exquisita gastronimía,
se consagra la alegría
al beber en la copa de la paz
el sabor de su gran amistad.

Se funden en su aprecio
la amistad y el placer,
y un bello sentimiento
sale del vaso de vino
que allí se puede beber.

En canedo es done fermenta
ese concierto de paz,
que hay en la tierra soñada,
donde se pone "A TOPE" la vida,
cuando se abrazan los Prada.

Decirte quiero yo,
mi amigo del alma,
la impresión que me causó
el entierro de tu madre
con esa Banda de Gaitas.

Allí pude comprender,
lo que te quiere Cacabelos,
te trataro como a un rey
que tiene la amistad por trono
en el Palacio de Canedo.

Abnrazos de tu amigo Anselmo Prada



viernes, 2 de noviembre de 2012

PANXOLIÑA DE CHAPELA

PANXOLIÑA DE CHAPELA

Chapela meu querido pobo,
ben te podes tí louvar,
por celebrar tan ditosa
esta Festa do Nadal.

Entre Chapela i Belén,
hai un fermoso carreiro,
por onde imos todos a ver
ó Redentor verdadeiro.

En Chapela podemos ver
o fervor da nos fe,
que pon o noso alcance
a hermandade e o pracer.

Ven a nós polo Nadal
a amizade e o consolo,
e todo énchese de paz
ó camiñar polo meu pobo.

Hoxe todos en Chapela
estamos xuntos a celebrar,
ese Nadal que xa chega
e ven para nos salvar.

Ese Neno encantador
trae para la humanidá:
o consolo para o delor
e o remedio para a paz.

En Chapela os recordos
acarician o fervor
para cantar contentos
o Nacemento do Señor.

As campás soando están,
teñen gañas de falar,
porque queren anunciar
que xa chega-lo Nadal.

O Neno que ven do Ceo,
lixeiro a todo correr;
pois, agora está nacendo,
e mañá terá que morrer.


 
PANXOLIÑA DO CHAPAPOTE
 
Mariñeiro, mariñeiro,
tí que vas limpando o mar;
coidado co chapapote,
non te vaias a luxar.
 
Estribillo
 
Voluntarios acudir,
voluntarios chegar,
para limpar Galicia
que chega o Nadal.
 
Entre a negra marea
tí celebra-lo  Nadal.
Mariñeiro, mariñeiro
non pares de limpar.
 
Galicia está de loito
por culpa do chapapote,
ainda que a dor é moito,
celébrase a Santa Noite.
 
Van vestidos de branco
pola negra marea,
tódolos que van chegando
a limpar a nosa terra.
 
Entre mensaxes de gloria
ven ó mundo o Salvador.
Así escomenzou a historia
a encher a Terra de amor.
 
Para o meu amigo Alberto Abal García
con todo cariño.