domingo, 16 de septiembre de 2012

CANDO OS CARROS CANTABAN

Ian os carros cantando
dende Casaio a Quereño
cargados de pizarra, e
o eixe sempre se quentaba
con tantas voltas que daba.

Moito sebo tiñan que votar
para ir dende Rozadais
cara a estación do tren,
onde "O Perniles" agardaba
para darlle a súa paga

Unha procesión de carros
ian cara Quereño cantando,
xuncidos coas súas vacas
que os vellos carreteiros
apuraban coas guilladas.

Chegaban cansos e famentos
a gaña-los cinco pesos
que "O Perniles" lle pagaba,
e tornaban para Casaio
moi trnquilos e contentos.

Xa no queda en Casaio
ningún carro que cante,
nin sequera quedan vacas.
Agora todo o mundo traballa
nas canteiras da pizarra.

Quen ia a pensar que
ó longo do tempo,
ia a chegar o momento
de que no pobo de Casaio
tódolos carros calaran.

Pero xamáis esquecerei
aquela doente entonada,
dos carros que cantaban,
cando ian cara Quereño
cargados de pizarra.

Dende Casaio, Anselmo Prada