jueves, 16 de mayo de 2019

NA CASA DA MATANZA

Na casa da Matanza
onde viviu e morreu
a nosa querida Rosalía,
hai unha tenrura encantada
que respira co cariño,
dos poetas que a ela chegan
a espanta-la morriña
da nosa querida Rosalía.

Cando agarimamos
a súa grandiosa poesía,
a nosa alma síntese ditosa;
e un pracer espiritual
agarima-la nosa intimidá,
para poder proclamar
a felicidá que Rosalía,
a todos los poetas lles dá
pra encher os corazóns,
de esa fe e ese fervor
que esperta-lo pracer
do encanto celestial
que hai neste lugar.

¡Qué grande é redactar
versos cheos de amor
para esa gran poetisa,
que honra a España enteira
e a nosa amada Galicia.

Qué dita, qué prader,
síntese ó poder falar
as duas lingoas irmáns,
o galego e o castelán,
que falan de amor e de paz,
e resoan no corazón,
con difernete acento,
pero unha soa ilusión,
como as faluo Rosalía,
durante tódala súa vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario