jueves, 16 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O QUE ROSALÍA ME INSPIRA

É tanto o encanto
que Rosalía me inspira,
que sinto que dame alento
para escribir todo aquelo
que levo no pensamento.

Cando Deus creou o universo
e fizo a nosa Galicia,
quixo que tamén houbera
unha Santa Rosalía...
Por eso deixou nacer
aquela malpocada nena,
filla dunha nai solteira
e dun grego lambón
que foi quen a fecundou.

Rosalía sempre levou
aquela pesada cruz
pola súa doída vida;
e por onde quera que foi,
deu mostras da súa santidá,
ó aceptar todo aquelo
que o mesmo Deus lle mandou
dende a Corte Celestial.

Rosalía coa súa entrega,
soubo sofrir e padecer,
foi boa nai e boa muller;
e agora, dende o mesmo ceo,
contempla como o mundo enteiro
está lendo-los seus versos,
facendo eterna a súa poesía.

¡Gracias Santa Rosalía!
Nos con fervor pregamos
para que sigas sempre cantando
a nosa querida Galicia,
a terra que tanto amamos
e levamos no corazón.


No hay comentarios:

Publicar un comentario