viernes, 2 de noviembre de 2012

 
PANXOLIÑA DO CHAPAPOTE
 
Mariñeiro, mariñeiro,
tí que vas limpando o mar;
coidado co chapapote,
non te vaias a luxar.
 
Estribillo
 
Voluntarios acudir,
voluntarios chegar,
para limpar Galicia
que chega o Nadal.
 
Entre a negra marea
tí celebra-lo  Nadal.
Mariñeiro, mariñeiro
non pares de limpar.
 
Galicia está de loito
por culpa do chapapote,
ainda que a dor é moito,
celébrase a Santa Noite.
 
Van vestidos de branco
pola negra marea,
tódolos que van chegando
a limpar a nosa terra.
 
Entre mensaxes de gloria
ven ó mundo o Salvador.
Así escomenzou a historia
a encher a Terra de amor.
 
Para o meu amigo Alberto Abal García
con todo cariño.
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario