martes, 9 de octubre de 2012

ENTRE PENA TREVINCA E O CEO

Entre Pena Trevinca e o ceo,
hai unhas altas montañas
onde se atopan amparadas
as xentes que máis quero.

Están tan cerquiña do ceo
que a piedade se dispara,
cando alí rezan as almas
co fervor que levan dentro.

A xente síntese consolada,
acariciada pola santidá
que hai naquel lugar
cuando se pon a rezar.

Ven dende o alto ceo
un santificante concerto,
que acaricia os sentimentos
daqueles que tanto queremos.

Temos a San Xil de Casaio
como patrón das canteiras,
onde Valdeorras e a Cabreira
traballan baixo o seu amparo.

Anselmo de Casaio

No hay comentarios:

Publicar un comentario